Son complexos residenciais destinados ao gozo do ocio e do lecer das familias, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, situados en Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), que se poñen a disposición da poboación para o goce de estadías no período estival (xullo, agosto e primeira quincena de setembro).
A adxudicación das estadías na tempada estival regúlase mediante unha orde de carácter anual, podendo ser solicitada por:
- As persoas maiores de idade, ou menores acompañadas dos proxenitores ou representantes legais, que teñan a súa residencia en territorio do Estado español.
- As galegas e galegos residentes no exterior.
Estas residencias ofertan:
- Servizo de residencia: aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias.
- Servizo para non residentes: servizo de comedor para familiares e amigas/os das persoas residentes que veñan visitar a instalación.
http://www.familiasgalegas.org/familias/Controlador/Menu/menuAction.php?op=9

No hay comentarios:
Publicar un comentario