Algúns obxetivos son:
- Darlle á parella a oportunidade de separarse do xeito menos conflitivo posible.
- Axudar a parella a resolver por si mesma as discrepancias mantidas respecto da súa separación para que tome as decisións máis axeitadas.
- Conseguir acordos duradeiros e que se incumpran menos.
As persoas interesadas deben presentar unha solicitude de designación da mediación familiar (anexo II do Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro) e a documentación requirida. Poderán presentala de xeito conxunto ou unha das partes, proporcionando os datos da outra parte para solicitar o seu consentimento.
Poderán elixir a persoa mediadora entre as e os profesionais inscritos no Rexistro de Mediadoras e Mediadores Familiares de Galicia. Se non hai acordo, será designado pola Secretaría Xeral de Familia e Benestar.
http://www.larioja.org/npRioja/default/defaultpage.jsp?idtab=446299

No hay comentarios:
Publicar un comentario