sábado, 17 de noviembre de 2012

PUNTOS DE ENCONTRO FAMILIAR

Os puntos de encontro familiar son recursos que teñen por finalidade facilitar o cumprimento do réxime de visitas e favorecer o dereito dos e das menores a relacionarse con ambos os proxenitores e coas súas familias.
Estes servizos cumpren a súa función en situacións de separación, divorcio, ou noutros supostos de interrupción da convivencia familiar, nas que o exercicio do dereito de visitas vese interrompido, ou o seu cumprimento resulta difícil ou conflitivo.
O funcionamento dos puntos de encontro familiar debe estar orientado por principios de actuación que lle permitan ser un recurso de atención aos menores.
Os tipos de intervención que realizan os puntos de encontro familiar son:

  • Intercambio de menores.
  • Visitas tuteladas.
  • Visitas se supervisión.
  • Desenvolvemento dun programa psicosocioeducativo individualizado.
  • Orientación e asesoramento familiar.
http://www.fegapef.org/
http://www.familiasgalegas.org/familias/Controlador/Guia/guiaComunicacionAction.php?idG=6



OS ESPAZOS FAMILIARES

O espai familiar (espazo familiar) é unha iniciativa catalana dirixida ás familias con nenos menores de 3 anos na que se pretende ofertar un lugar para os menores onde poidan compartir cos seus pais e cos pais dos outros nenos, diferentes xogos, materiais e actividades educativas.
Os espazos familiares ofrecen un contexto de relacións estables entre nenos, familias e profesionales. Cada neno vai acompañado de un adulto de referencia, e participa en dúas sesións semanais de tres horas aproximadamente.
Algúns obxetivos son:

  • As familias poidan ver as relacións que os seus fillos establecen.
  • Intercambiar experiencias con outros pais e nais.

http://w110.bcn.cat/portal/site/PortalBressol/menuitem.d894dc63ba605bb454a354a3a2ef8a0c/?vgnextoid=97fc3014c46f6210VgnVCM10000074fea8c0RCRD&vgnextchannel=97fc3014c46f6210VgnVCM10000074fea8c0RCRD&lang=es_ES




RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE


Son complexos residenciais destinados ao gozo do ocio e do lecer das familias, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, situados en Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), que se poñen a disposición da poboación para o goce de estadías no período estival (xullo, agosto e primeira quincena de setembro).
A adxudicación das estadías na tempada estival regúlase mediante unha orde de carácter anual, podendo ser solicitada por:
  • As persoas maiores de idade, ou menores acompañadas dos proxenitores ou representantes legais, que teñan a súa residencia en territorio do Estado español.
  • As galegas e galegos residentes no exterior.
Estas residencias ofertan:
  • Servizo de residencia: aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias.
  • Servizo para non residentes: servizo de comedor para familiares e amigas/os das persoas residentes que veñan visitar a instalación.

http://www.familiasgalegas.org/familias/Controlador/Menu/menuAction.php?op=9



PROGRAMA DE MEDIACIÓN FAMILIAR

A mediación familiar é un procedemento de resolución de conflitos, extraxudicial e voluntario, que mediante a intervención dunha persoa profesional especializada no eido psico-socio-familiar, trata de axudar as parellas que teñen ou tiveron unha relación, co obxectivo de resolver de mutuo acordo as consecuencias da separación, nulidade, divorcio ou ruptura da súa relación, e ofrecerlles unha solución pactada para a súa problemática.
Algúns obxetivos son:

  • Darlle á parella a oportunidade de separarse do xeito menos conflitivo posible.
  • Axudar a parella a resolver por si mesma as discrepancias mantidas respecto da súa separación para que tome as decisións máis axeitadas.
  • Conseguir acordos duradeiros e que se incumpran menos.
As persoas interesadas deben presentar unha solicitude de designación da mediación familiar (anexo II do Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro) e a documentación requirida. Poderán presentala de xeito conxunto ou unha das partes, proporcionando os datos da outra parte para solicitar o seu consentimento.
Poderán elixir a persoa mediadora entre as e os profesionais inscritos no Rexistro de Mediadoras e Mediadores Familiares de Galicia. Se non hai acordo, será designado pola Secretaría Xeral de Familia e Benestar.

http://www.larioja.org/npRioja/default/defaultpage.jsp?idtab=446299


PROGRAMAS DE ATENCIÓN AS FAMILIAS MONOPARENTAIS

É un programa cuxo obxecto é a prestación de apoio ás familias formadas por unha única persoa proxenitora con fillas e fillos menores ao seu cargo, mediante o establecemento de accións específicas.
Algúns obxetivos son:

  • Potenciar a autonomía das familias monoparentais.
  • Axudar á crianza das nenas e nenos e favorecer a súa socialización.
  • Favorecer a incorporación da persoa responsable da familia ao mundo laboral.
  • Prever situacións de risco social.
Anualmente realízase unha convocatoria para as entidades sen ánimo de lucro que realicen un programa de apoio a familias monoparentais, sempre que estean debidamente inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Traballo e Benestar

http://isadoraduncan.es/node/71




PROGRAMAS PARA A EDUCACIÓN FAMILIAR

Son programas que pretenden detectar e anticiparse ás situacións de dificultade social, dotando ás familias das competencias necesarias que favorezan un axeitado exercicio das funcións familiares e faciliten procesos de autonomía, responsabilidade e participación social das persoas, grupos e comunidades.
Algúns obxetivos son:

  • A intervención social individualizada de carácter integral en núcleos familiares que se atopan en situación de dificultade social ou risco.
  • Ter un carácter integral, de xeito que se estableza unha diagnose individual de cada núcleo familiar obxecto da intervención, así como a planificación para a superación.
  • Ter un carácter continuado co fin de acadar os obxectivos propostos para cada núcleo familiar.
  • Establecer mecanismos de coordinación cos recursos e servizos existentes na zona.
  • Tratar de fomentar a participación da cidadanía, a creación de grupos e o desenvolvemento comunitario con actuacións de prevención, formación e sensibilización social.
http://www.junji.gob.cl/portal/index.php?option=com_k2&view=item&id=1466&Itemid=182
http://www.espaciologopedico.com/articulos/articulos2.php?Id_articulo=1887



SERVIZO DE CANGUROS

É a oferta de persoas para coidar dos menores no seu fogar no tempo en que as persoas adultas da familia non poden realizar esta función. En Europa ten unha regulación diferente segundo o país. No Estado Español non está regulamentado polo que soe estar exercido por persoas sen cualificación.
No noso país téñense realizado diferentes iniciativas dende as administracións tanto locais como autonómicas para ofertar este servizo de maneira estruturada, ademáis tamen podería ser unha vía laboral para as persoas que rematan o ciclo superior de educación infantil.

http://igualdadcoruna.blogspot.com.es/2011/01/servicio-municipal-de-atencion-la.html

http://www.canguroencasa.com/Canguros-_ACORUNA__CANGUROS__EMPRESA-CANG.xsql